5º EI O SAMAÍN


Seguimos a traballar no proxecto " O Outono ". Neste caso o tema é "O Samaín".
Durante dúas  semanas realizamos diferentes actividades relacionadas co Samaín como: murais de calacús onde plasmaron a súa creatividade, decoramos a porta da clase con motivos do Samaín, esculpiron e decoraron unha cabaza para a noite de ánimas, fixeron cabaciñas de plastilina e realizaron unha coroa de pantasma e cabaza terrorífica para engadirlle a un disfraz.
No comedor do colexio fixemos un obradoiro sensorial con froitos de outono. Probamos, aprendemos a importancia de comer froita e  puxemos a proba as nosas dotes culinarias. Cun plátano fixemos unha pantasma, cunha mandarina unha cabaza terrorífica e dunha galleta Oreo sacamos unha araña de patas longas.
Para rematar a celebración disfrutamos dun túnel o cal bautizamos " O túnel da risa terrorífica " .
Aqui vos deixo unha pequena mostra de todo o que fixemos.











 

Comentarios