Proxecto Vendima 6º E.I.



Antes de nada, benvid@s tod@s ao novo curso 2018/2019, seguiremos utilizando este Blog como medio para que poidades ver algunhas das actividades que vamos levando a cabo durante este curso.

Para fomentar o uso da nosa lingua, os proxectos farémolos en galego. O primeiro destes proxectos, como xa sabedes, foi o da Vendima. Aquí vos deixo algunhas imaxes e vídeos do ben que o pasamos e do moito que aprendemos:

No apartado de Arte creamos os nosos propios racimos de uvas estampando corchos:

E coñecimos a Giuseppe Arcumboldo, famoso por utilizar friotas nas súas creacións artísticas, quixemos coñecelo un pouco máis a fondo, e incluso quixemos imitalo facendo as nosas propias creacións, así de artistas somos:


Os que non fan viño nas súas casas ou na de seus avós, non coñecían moi ben este proceso, pero agora, despois de traballalo, todos podríamos ser uns expertos agricultores facendo viño:

Pero por suposto, o que máis nos gustou foi poder experimentalo coas nosas propias mans e pes, así foi a vendima no Colexio Santo Tomás:



Laura




Comentarios