Maios EI 4 años






Hola familias, como xa sabredes, facer os Maios é unha tradición da nosa terra, e no noso colexio non íamos ser menos, polo tanto fixemos o noso propio Maio entre as tres clases de educación Infantil e Primeiro de Primaria. O noso Maio é personalizado; fixemos un Tomasiño para que represente o noso Colexio nas rúas de Porriño nesta fin de semana.


Para poder obter este resultado temos que agradecervos ás familias a vosa colaboración por todo o material aportado. E pouquiño a pouquiño, traballando en equipo e colaborando, este foi o resultado. Esperamos que vos guste!!




 "La creatividad no consite
en una nueva manera,
sino en una nueva visión"
Edith Warthon


Laura

Comentarios